Axudámosche! calquera consulta, trámite ou xestión relacionada co ámbito empresarial ou profesional podes realizala neste breve formulario.
Selecciona primeiro sobre que queres facer a túa consulta, trámite ou xestión.
O asesoramento ten nunha fase inicial a Diagnose cara a innovación tanto tecnolóxica como non tecnolóxica, cunha posta en situacións das opcións e camiños a seguir, e asesoramento xeral sobre os principais puntos a ter en conta en negocios innovadores
Busca de axudas para o financiamento da I+D+i, tanto a nivel autonómico, como nacional ou europeo (proxectos e investimentos en activos), e diferentes ferramentas e apoios como poden ser aceleradoras ou programas de investigación
Deducións no IRPF e doazóns en empresas ou a Proxectos de I+D+i
Proporcionar información sobre fondos de capital risco na innovación, e os diferentes instrumentos financeiros que dispoñen para orientados a apoiar o crecemento según o tipo de empresa
Apoio para identificar e recoñecer a persoas, organizacións ou entidades que poidan desempeñar un papel importante no impulso e desenvolvemento da innovación da túa empresa.
Identificar o material innovador que precisa protección, e orientar a túa empresa no proceso de protección desa innovación a través da utilización de medios e ferramentas dispoñibles